Un mozo de Coruña que percorría a Cidade Vella, atopa un sumidoiro aberto nunha calella e descende por el para pescudar. Unha porta pintada na parede dálle acceso a un mundo fantástico, mais estrañamente familiar. Este mozo Sen Nome, xunto co seu amigo Brains, pasará unha chea de aventuras polas terras de Gapsiq na procura da solución do Enigma dos Nove Sepulcros. [Contracapa do libro]