A vellez, esa idade tan desexada como temida. Cando somos novos todos pretendemos chegar a vellos, que a nosa vida dure o máximo tempo posíbel, pero cando chegamos a vellos non nos gusta e botamos de menos a xuventude. Querémola ao tempo que a rexeitamos. Unha relación dialéctica de sentimentos encontrados, Este libro de Ramón Muñiz lonxe de ser un canto retórico a unha pretendida idade dourada, danos unha visión poliédrica da vellez, coa esperanza de que o maior nivel cultural das novas xeracións deste século XXI, que algún día chegarán a vellas, faga que os nosos maiores sexan máis conscientes dos seus dereitos e, polo tanto, en palabras de Saramago, "mais livres e mais radicais". [presentación editorial]