O avó di que os ollos
son dúas ventás para asomarse ao mundo.
Eu asómome e sinalo cada cousa que vexo.
Sempre hai alguén que me di o que é.
Desde a mirada dun bebé, CONTO CINCO SENTIDOS ofrécenos a perspectiva inocente e divertida coa que este descobre sensorial, emocional e afectivamente o mundo que o rodea. Nesta aventura estará acompañado polo círculo familiar máis próximo.
Do mesmo xeito que Caracois, CONTO CINCO SENTIDOS son cinco relatos breves, relacionados pero independentes. En cada libro desenvólvese unha historia directamente vinculada cun sentido: olfacto, vista, oído, tacto e gusto. Capacidades que lle serven ao protagonista para interrelacionarse co contorno físico e emocional ao que pertence. [Presentación editorial]