Margarida e outras pequenas elefantas viven ailladas nun xardín de anémonas e peonias; o alimento para conseguiren un aspecto físico caracterizado pola cor rosa caramelo da súa pel,
que reforzan lucindo zapatos, lazos e colares do mesmo ton.
Todas cumpren as expectativas dos seus pais e nais agás ela, que sofre os reproches dos seus proxenitores ata que estes desisten de que sexa coma as demais. Baixo esta historia fabulada subxacen cuestións como un superficial culto á imaxe, ou a crítica a unha sociedade que predestina o futuro dos seus individuos e clasifícaos en función do seu xénero. Pero sobre
todo, é un canto á liberdade, aderezado coas ilustracións de Nella Bosnia, que potencian a mensaxe do texto a base de figuras realistas e cores vivas. [Presentación editorial]