José Pasín Romero: memoria do proletariado militante de Compostela é a biografía dun personaxe clave na historia de Santiago e de Galicia, na historia do movemento obreiro compostelán e galego. Resulta, por esa mesma razón, unha biografía que supera a vida do personaxe estudado, o que é unha característica das mellores investigacións biográficas. Por iso, polas páxinas desta memoria do proletariado militante pasean tanto os avatares vitais de Pasín Romero como os das organizacións obreiras (e outras moitas) da cidade.
O protagonista deste volume, José Pasín Romero, é peza fundamental dunha familia indisolublemente vencellada á Compostela do século XX. Unha familia, a dos Pasín, defensora dos dereitos das clases traballadoras, cosntrutora de cidadanía." [Presentación, Víctor Manuel Santidrián Arias]