Continuando a liña de O rei Maragato estaba triste... (3C3, 2008) este libro recolle seis obras de teatro escritas para seren representadas por nenos e nenas. Resulta unha opción moi adecuada para poder achegar o xénero dramático ó alumnado de ensinanza infantil e de primaria. Os contidos e as temáticas, ademais, teñen como eixes diversos valores educativos. O limiar é de Segundo Durán e contén variadas ilustracións de David Ferrando. Presentación editorial]