Puntuación: 1.8/5 (77 votos)
O
Pórtico poético dos Seis poemas galegos achégase ao lector nunha nova edición con leves retoques, pero cos mesmos propósitos de sempre:honrar a memoria do poeta granadino e do editor dos poemas e, con eles, a de todos os inmolados na incivil guerra española de 1936, co propósito de manter viva a memoria histórica da barbarie para que algo así non volva suceder.
A través do discurso blancoamoriano, vaise reconstruíndo unha historia verosímil do nacemento e escritura dos Seis poemas galegos. Os poemas naceron maxicamente no encontro de Federico García Lorca con Galicia e cos seus amigos galegos, entre os que sobresaen dous de especial protagonismo neste libro: Ernesto Pérez Güerra e Eduardo Blanco-Amor.
O prólogo de Carlos Martínez-Barbeito, amigo íntimo tamén do poeta granadino, proxecta luz sobre este pórtico poético e pon novos puntos e pon novos puntais para unha lectura renovada dos
Seis poemas galegos.
O CD coa música dos poemas, composta expresamente polo mestre Isidro B. Maiztegui por pedimento do autor deste libro, ponlle unha coroa musical a tan fermosos poemas.
[Contracapa do libro]