Puntuación: 2.1/5 (39 votos)
Ir Indo Edicións únese á celebración do Día das Letras Galegas coa publicación de "Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas”: a fidelidade á Galicia soñada", de Afonso Vázquez-Moxardín, unha biografía ó redor do persoeiro homenaxeado este ano en recoñecemento ás súas achegas á cultura galega.
Con esta biografía, de doado acceso para estudiantes e público en xeral e que inclúe unha cronoloxía, Ir Indo pretende achegarnos á de Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense 1907- Lobeira 1989), un dos etnógrafos máis importantes do seu tempo e autor de traballos fundamentais á hora de sentar as bases do estudio da cultura tradicional galega.
Discípulo e “gardián da memoria” de todo un grupo de intelectuais comprometidos ó redor do pensamento galeguista, foi unha das personalidades máis completas e íntegras de Galicia. Antropólogo, mestre, debuxante e fotógrafo, foi ante todo un investigador humilde que dedicou toda a súa vida ó espallamento e conservación da cultura galega, un traballo que culminou coa creación do Museo do Pobo Galego.
[presentación editorial]