Toto Murube non tivo sorte na vida; de condición humilde, non puido estudar, nin sequera aprendeu a ler. Quizais por iso era un mendigo máis a vagar pola gran cidade. Algunhas noites,mentres durmía no chan do caixeiro dun banco, soñaba que a súa sorte cambiaría e que chegaría a comer o mundo.
Que inxenuo, verdade? Aínda que… ás veces, a realidade supera ata os mesmos soños.
Despois de “Sopa de soño”, José Antonio Ramírez Lozano volve apostar pola gastronomía das palabras e da imaxinación cunha divertida historia ambientada nun contexto que non é alleo ás adversidades do noso tempo. No restaurante máxico de Toto Murube non hai garfos nin culleres, nin fumes nin restos de comida. As súas receitas sacian e alimentan a fame do mundo enteiro: ensalada de etiquetas, filetes de capricornio, peras en verso... Menús insólitos e saudables que fortalecen
a creatividade dos comensais/lectores.
Pablo Otero acompaña este exótico recetario cunhas
ilustracións sinxelas que xogan coa cor, coa xeometría e co alfabeto. [Presentación editorial]