Todos os tipos de liques e os máis característicos de toda clase de ambientes recóllense nas claves ou coméntanse nas descricións dos taxons. Isto dá a esta obra un valor especial, pois en España non existe ningunha flora xeral de liques e os escasos traballos deste tipo cíguense a ámbitos xeográficos restrinxidos e abarcan tan só algúns tipos (liques de cortizas, macroliques, etc.). Os autores tiveron o tino, e enfrontáronse á dificultade, de incluír tamén os liques en costra para cuxa identificación son imprescindíbeis caracteres microscópicos. Isto fai que este libro sexa útil no ensino universitario e para os propios liquenólogos.
O texto inclúe unha parte xeral e vai acompañado de numerosas fotografías e debuxos que facilitarán o uso das claves e a comprensión das descricións aos non iniciados. Este aspecto de aproximar os liques a calquera persoa sen coñecemenentos especiais é o que dá un valor especial a este libro e espero desperte novas afeccións e novas vocacións para a liquenoloxía. [presentación editorial]