Puntuación: 2.2/5 (50 votos)
Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe:
Vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai.
A Karim fíxoselle un nó na gorxa
e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes.
Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.
Árbores no camiño traslada unha vez máis á literatura infantil a facilidade coa que pode perderse un neno apenas se separan da man dos seus pais. No entanto, se noutros contos o pequeno se atopa nun territorio hostil ou tenebroso, nesta historia a nai natureza, poderosa e bela, protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos.
—A árbore vermella deume forzas ,a palmeira deume de beber, a mangueira deume de comer, o baobab, os seus pans de mono… tranquiliza Karim á súa nai, cando esta, por fin, o atopa baixo o baobab.
Régine Raymond-García decidiu escribir este libro ao regresar dunha viaxe a Burkina Faso. “Os seus habitantes fascináronme pola súa alegría de vivir a pesar das dificultades, e por sacar proveito da natureza dun modo intelixente”.
Sen dúbida, esta viaxe axudou a autora a comprobar a alta consideración que a árbore vermella e o baobab teñen entre os seus habitantes e a decidir que recaese en ambos o maior protagonismo.
A árbore vermella é o Kaïcedrat (Khaya senegalensis), baixo o cal se reúnen os sabios para tomar decisións. É coñecido como a árbore da palabra. Por iso, seguramente, sexa o primeiro que fala con Karim para axudarlle.
O baobab é unha especie tropical de África, utilizada como lugar de reunión. Ademais, é símbolo de resistencia, tolerancia, vida comunitaria, lonxevidade -poden chegar a vivir 3.000 anos- e o seu froito ten propiedades medicinais.
O seu aspecto impresionante -hai especies que chegan aos 30 metros- confírelle un carácter protector, o que xustifica que no relato tanto a árbore vermella, como a palmeira e o mango o escollan como idóneo para que Karim agarde pola súa nai.
No entanto, este conto non só se centra no amparo e axuda que ofrece a natureza-nai ao home senón que tamén advirte da necesaria reciprocidade por parte dos seres humanos. Estes deben exercer a mesma protección e respecto sobre o resto do ecosistema, para garantir a súa sustentabilidade, tal e como alerta o baobab ao pequeno Karim:
—Estarás aquí cando sexa maior?–preguntou Karim.—Se ninguén me corta, estarei.
—Aínda lles darás de comer aos monos? —Se ninguén me corta…
—E daraslles lambonadas aos nenos? —Se ninguén me corta…
Vouche contar un segredo: todo está en equilibrio…un equilibrio perfecto, pero fráxil! [Presentación editorial]