Puntuación: 2.2/5 (72 votos)
O clan do oso das cavernas é a novela que abre a saga das aventuras de Ayla, a muller prehistórica pertencente a especie Cro-Magnon que, sendo nena, queda soa no mundo ao perder á súa tribo nun arrepiante terremoto. Por sorte para ela, un grupo de neanderthalenses atópana ás portas da morte e a súa curandeira consigue salvarlle a vida. Así comeza a serie que fixo que millóns de persoas puidesen vivir a Idade de Pedra como nunca antes fora posible. Os Fillos da Terra transmite os valores universais que só unha obra mestra da literatura pode materializar e, a través dela, Jean M. Auel transpórtanos aos albores da humanidade para mostrarnos que, despois de miles de anos de historia, seguimos sendo humanos e continuamos a enfrontarnos ao noso reto máis esencial: vivir a vida que nos leva.
Ayla, unha nena Cro-Magnon de cinco anos queda soa no mundo tras un terremoto que fai desaparecer a súa tribo. Atacada por un león das cavernas, un grupo de neanderthalenses rescátaa dunha morte segura. Iza, a curandeira, acóllea como filla adoptiva e lle transmite os seus coñecementos. Mog-ur, o gran meigo neanderthalense, percibe na nena a pegada dun dos espíritos máis poderosos, o do león das cavernas, pero para o resto do clan sempre será unha estraña, unha nena loura e de ollos azuis que posúe unha linguaxe vocálica insólita e unha habilidade excepcional para cazar, actividade prohibida para as mulleres do Clan.
[Presentación editorial]