A novela gañadora do Blanco Amor 2003, premio organizado polo Concello do Grove, é unha historia de historias na que liberdade e conciencia social se reivindican como valores fundamentais do ser humano. “Orixe” cóntanos como Mario Negro, que padece dunha vertixe brutal que lle impide abrir os ollos, accede ao mundo imaxinativo de Laura Lobo, a súa enfermeira de noite. O poder liberador da imaxinación, a enerxía do amor e a súa capacidade para facer superar a soidade son as forzas que a enfermeira pon en xogo para rescatar a Mario Negro do profundo desánimo no que se afunde .
Séchu Sende logra activar o elemento creativo de cada lector ou lectora cun mecanismo narrativo accesible e anovador. Acción e carga emocional forman parte de Orixe, unha novela que desde a situación inicial focalizada nun individuo acaba por abranguer o abano completo dunha nación sometida á dictadura. Dous son os protagonistas que centran a historia, a eles súmanselles múltiples personaxes que articulan diversos relatos e acrecentan o engado da obra. [presentación editorial]
ficha da publicación
» Título:
Orixe
» Escritor/a: Sechu Sende
» Ed.
Galaxia,
» Ano: 2004
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Literaria
» Pax: 167
» ISBN: 84-8288-695-9