Ruínas ao espertar (edición bilingüe galego-castelán), é da autoría do fotógrafo e poeta Manuel Vilariño, Premio Nacional de Fotografía e un dos artistas fotográficos españois con maior proxección internacional. Primeira incursión no ámbito poético, Ruínas ao espertar é unha exploración radical do sentimento de perda, visión e experiencia da dor a través dunha poesía depurada por unha estética da imaxe e do silencio. [Presentación editorial]