Puntuación: 1.8/5 (75 votos)
¿Queres saber o que hai que facer para lle arrincar tres pelos ao demo? Velaquí un libro que che fala
disto e doutras moitas cousas
que aconteceron no tempo no que os reis saían dacabalo polos seus dominios, as princesas casaban
con labregos bos e intelixentes, e as pedras gardaban portas máxicas para atopar tesouros.
Tres contos marabillosos escritos hai moitos anos
por Vicente Risco e que agora, por primeira vez, se fan libro.
Vicente Risco escribe estes tres cantas a instancias de Bernardino Varela do Campo e co empurre da lrmandade da Fala da Coruña. A súa intención é poñer en mans dos nenas e nenas de Galicia textos de calidade, escritos en galego, para que os máis novos aprendan a amar a lingua e a cultura propias. Só un deles, "O rei avarento", ve a luz en marzo de 1921, publicado na Coruña pala lrmandade da Fala. os outros dous, "O labrego e mais o Rei" e "A' dona encantada", permaneceron inéditos, gardados pola familia de Varela do Campo. Agora estes tres contos saen do prelo co mesmo afán co que naceron: chegar a mans dos nenas e nenas de Galicia. Para facilitar esta tarefa, adaptamos os textos consonte as normas da Real Academia Galega.
As ilustracións que acompañan a edición de “Tres contos marabillosos” son de Jacobo Fernández Serrano, ben coñecido dos lectores máis novos polo seu labor no ámbito da banda deseñada. Nesta obra consegue condensar a atmosfera que tingue cada un dos contos de Risco, dando un toque de clasicismo á súa achega iconográfica.
[presentación editorial]