Puntuación: 1.8/5 (70 votos)
Premio de Narrativa Breve Repsol 2011
Nesta quinta edición, o premio de narrativa breve organizado pola Fundación Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e publicado por Editorial Galaxia, outorgouse a unha obra na que reúne máis dun cento de relatos-lóstrego nos que se reflicte a fascinación do autor por procurar un máximo efecto a partir dunha estrutura fugaz que permite abrollar a ironía e o sentido do humor.
O libro premiado, que parte dunha concepción narrativa unitaria e coherente, segundo o autor é "un libro para pensar, pois ao traballar cun texto reducido, é o lector quen ten que pechar o círculo que o relato abre. A participación do lector é definitiva nos meus textos". Microbios e outros paquidermos é un bosque de bonsais, un labirinto de espellos polo que demabula Van Gogh, o contemplativo Hioshiro, Saib, Salman o faquir, algún felino, un embalsamador, a princesa e o sapo, unha serpe de Sonora, os comedores de palabras ... e todas as contradicións dos nosos días.
Coas palabras xustas e coa axuda implícita do lector, debúxase un camiño de formigas e robinsóns procurando que os desvalidos microbios se transformen en paquidermos na selva do pensamento. Libro de narrativa no que se cuestionan as fronteiras xenéricas e no que os recursos literarios proveñen de xéneros e referencias diversos.
[Presentación editorial]