Vida e obra de Migual Anxo Macía
Un ensaio máis un libro de arte nun só volume. A biografía do pintor e escultor lugués Miguel Anxo Macía inclúe a reprodución de 200 obras do artista.
Biografía ilustrada do pintor e escultor Miguel Anxo Macía (Lugo, 1955) elaborada polo profesor Camilo Gómez Torres.
Pertencente á coñecida como “Xeración do 75” Macía, un artista na plenitude do seu proceso creativo, é un dos pintores galegos máis destacados.
“A obra de Miguel Anxo Macía —sinala o autor— sorprende pola súa perfección técnica, a mestría do seu debuxo, a exuberancia sensual da súa inesgotábel paleta cromática, a identificación coa terra na que naceu, e a tensión emotiva das súas composicións pictóricas”.
Este ensaio inclúe unha galería gráfica onde se reproducen máis de 200 obras (cadros e esculturas) do artista, dende os seus primeiros traballos a comezos dos anos 70, ata a actualidade. [Presentación editorial]