Este libro foi distinguido co XXIII Premio Esquío de Poesía en lingua galega, convocado pola Fundación Caixa Galicia e a Sociedade de Cultura Valle Inclán de Ferrol. O xurado estivo composto por Xulio L. Valcarcel, Luisa Castro, Estíbaliz Espinosa e Vicente Araguas.
Teñan os lectores este libro de Maite Dono como un agasallo que vén da patria branca do silencio. Existe unha sensualidade íntima nestes herbarios poéticos secretos que alimenta o silencio. Ou o desilencio: arte en negativo das voces. A voz poética de Maite Dono, lunar, lacteamente dourada, trae o misterio vibrante do descoñecido. Voz existencial até o ceme. Voz esculpida .como unha chama que ás veces queima no silencio. Voz que entra nas veas. Conseguiu a poeta atravesar o espello da poesía: unha luxuria. Periplo emocional o noso, lectores -"qué intensa promenade do espírito "-, intemándonos nesta temperatura poética. Di a autora: "de silencio en desilencio como un amor reincidente". E nós deixámonos levar por esa tensión anímica, por esa corrente de perfecta lucidez; por esa, que diría Aldo Pellegrini, calidade de incandescencia:
“é por iso que un desilencio escrébese arrastrando polo branco o fluxo abrasador dunha palabra.” [nota de Miguel Anxo Femán Vello na lapela]