O barón de Gortz é o máis fervente admirador da Stilla, aclamada cantante de ópera, mais vese decepcionado ao ouvir que a artista deixará a escena por mor do seu matrimonio. Porén, a Stilla morre na súa última presentación e, a partir dese momento, o castelo dos Cárpatos, propiedade do barón de Gortz, vese tomado por forzas misteriosas e por unha potente voz que atemoriza a todos os poboadores da rexión. O conde de Telek, prometido da diva, decide intentar resolver o segredo que rodea este castelo, aínda que teña que pagar as consecuencias. [Presentación editorial]