Puntuación: 2.0/5 (50 votos)
...Determinadas especies, como o tigre ou o chimpancé, xa comezan a escasear; outras, como o rinoceronte negro, a foca monxe ou a tartaruga de coiro, volvéronse moi escasas; e outras, como o órix, xa non se dan en estado salvaxe. Esperamos que esta obra impulse a protexelos e, de forma xeral, fomente a curiosidade e o respecto cara a estes animais tan fermosos...
“Inventario ilustrado de animais” reúne sobre un cento de exemplares de fauna representativa de todo o mundo, tanto vertebrados -mamíferos, aves, peixes, anfibios, réptiles como invertebrados, que con más de 60 clases, representan o 95% das especies animais. De cada un indícase o seu nome
científico e común, e engádese unha descrición que acompaña a ilustración, naturalista e coloreada con acuarela.
Os animais clasifícanse xeograficamente: bosques tropicais, zonas desérticas, sabanas, montañas e bosques temperados, rexións polares, océanos, costas e ribeiras, zonas habitadas e granxas. Dende o tucán á vaca, pasando polo dromedario,
o leopardo, o lobo gris, a píntega, o oso polar, o golfiño, a libélula ou o pavo real, este libro é un interesante catálogo darwiniano, para contribuír ao coñecemento do medio natural e, por tanto, á súa conservación.
[Presentación editorial]