Puntuación: 2.3/5 (47 votos)
Violíns e violas
van deixando notas
nun branco xaneiro:
que fermosa alfombra!
“Almanaque musical” contén doce poemas, un para cada mes do ano, nos que o fío condutor é a música clásica, cos intérpretes dunha peculiar orquestra de instrumentos de corda. Os versos de Antonio Rubio evocan o tempo, o pentagrama, a batuta, a ritmo de valse e alalá, sinfonía, tocata e romaría.
Cos seus inseparables violíns, violas e violonchelos, e elegantemente conxuntados, os músicos que retrata David Pintor adoptan posicións e situacións divertidas, fóra do habitual contexto dunha sala de concertos.
Uns de aparencia humana e outros do reino animal,
forman un grupo fantástico que para si quixeran
os mellores compositores.
O álbum complétase cunha relación escrita de pezas de Vivaldi,Bach, Mozart, Beethoven, Mendelsshon, Brahms, Chaikovski, Sibelius, Prokofiev, Alban Berg, Béla Bártok, Boccherini, Haydn e Dvorak, que conforman o repertorio ideal para amenizar
a lectura poética e visual.
[Presentación editorial]