Biografía e estudo do personaxe ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas do ano 2004, Xaquín Lorenzo Fernández, popularmente coñecido como Xocas: arqueólogo, etnógrafo, estudoso da cultura material galega e importante animador cultural. Os diferentes capítulos achégannos á súa vida e obra, preséntannos cadros sinópticos nos que se relaciona o autor coa Galicia e o mundo da súa época, ofrécennos exercicios para traballar cos alumnos na aula e móstrannos unha selección dos seus textos máis destacados. Inclúe un capítulo con varias ilustracións. O prólogo procede da pluma do académico Xesús Ferro Ruibal. [presentación editorial]