Personalidades autodestrutivas, un ambiente cruel cos débiles e un mundo que devora o excepcional serven para recrear unha historia onde a subxectividade e a falta de comprensión afogan o protagonista que, por primeira vez na súa existencia, terá que agarrar o leme e atacar os cimentos da súa vida e de canto o rodea.
Juan Parcero naceu en Moaña e, malia cursar estudos técnicos, a súa vocación literaria sempre permaneceu latente. Lector febril e escritor vocacional, ser premiado por un dos seus relatos no 2010, axudouno a afondar na súa faceta artística. autor de varias curtametraxes e relatos curtos, esta novela defíneo como un escritor de intensidade e fondura. [Contracapa do libro]