Catálogo da exposición que co mesmo nome organizou o Concello de Pontevedra e a Fundación Caixa Galicia no 2003. O volume, editado polo Concello de Pontevedra e coordinado por Xoan Guitián, conta con textos de Xosé Carlos Valle (Director do Museo de Pontevedra), Margarita Santos Zas (Directora da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago) e Eliane e Jean Marie Lavaud (valleinclanistas e profesores da Universidade de Bourgogne), ademais dun do coordinador do volume e un catálogo dalgunhas das obras expostas o pasado ano, das que se inclúe tamén a ficha técnica.