Unha sorprendente historia de ciencia ficción. Unha novela orixinal, fresca, intelixente e imaxinativa.
Ano 2044. Achégase o aniversario de Lena. Cal será a sorpresa preparada para os amigos e as amigas polo seu pai? Cada ano sorpréndeos dun xeito diferente. Pero o que vai pasar este ano ninguén podía imaxinalo… de feito, incluso pode ser que todos perdan a vida. 2044 é unha novela futurista que nos mergulla nun universo de realidade virtual no que, para sobrevivir, os protagonistas van ter que descifrar o estraño significado dunhas pistas e enigmas baseados en números enigmáticos. Unha novela de intriga nun universo probable que pode chegar a ser tremendo. Os protagonistas non saben onde remata a realidade e comeza o universo virtual… Ti verás que tampouco. [Presentación editorial]
ficha da publicación
» Título:
2044
» Escritor/a: Eduardo Santiago
» Ed.
Galaxia,
» Ano: 2012
» Xénero: Infantil-Xuvenil
» CDU: 82-93=134.4
» IBIC: YF - Ficción e historias reais infantís e xuvenís
» Coleccion: Costa Oeste
» Pax: 312
» ISBN: 978-84-9865-384-7