Desde pequeno fascinoume o poder que pode alcanzar o terror na psique humana. A potencia do que pode chegar a provocar é infinitamente superior á que poidan ter outros principios abstractos como o amor, a necesidade ou a amizade. Pódese chegar a desconfiar ou descrer deses valores, mais sempre se lembrará o terror como algo palpábel, real... O terror aterroriza sempre. O terror é unha das poucas emocións que invariabelmente fica adherida á alma, como unha carracha á que extraes o abdome pero do que permanece a cabeza, encarnizada no profundo do teu espírito. Aí aniña e pode chegar a pasar discreto, pero xamais desaparece. Revívese, rememórase unha e outra vez. Só abonda con activar os resortes pertinentes para que volva cobrar plena vida e sinistralidade. [Fragmento da Introdución]