Nas montañas da loucura é, se callar, a obra máis madura de H.P. Lovecraft, unha novela que combina especialmente ben o elemento sobrenatural, de ficción científica, e unha constante tensión que vai en aumento páxina a páxina até chegar á catarse final. O tema da cidade perdida ou abandonada nun lugar recóndito da Terra xa non é novidoso na produción literaria do autor, e tampouco outros motivos recorrentes nos mitos de Cthulhu, mais a combinación de todos os elementos que compoñen esta novela fan dela un dos maiores fitos na historia da literatura de terror sobrenatural. [Presentación editorial]