Puntuación: 2.0/5 (48 votos)
Un can e un gato coñecéronse.
O gato dixo: Miau!
O can dixo: Guau!
Pero non se entenderon.
Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos… e volven xogar.
Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións.
Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, secrecións glandulares, mudanzas de humor…
Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.
Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas na mente dos nenos e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con outras experiencias emocionais. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e converten o mal humor en optimismo.
Unha proposta orixinal pola súa intención estética, para gozar e emocionarse a partir dos tres anos.
[presentación editorial]