María do Carme Kruckenberg naceu en Vigo en 1926. En Barbantesa ten publicado A voz da auga e O enigma do segredo. A autora leva 20 libros editados en galego, 9 libros en castelán e está premiada con 14 distincións. Jazz espido un e dous integra, nunha perfecto simbiose, escritura, música e debuxo. Os textos sobre grandes instrumentalistas e voces do jazz, veñen acompañados de espidos masculinos e femininos que ilustran os movementos e sentimentos dos versos e que levan a sinatura inconfundible de María do Carme Kruckenberg: imaxes feitas palabras que expresan a grande admiración da autora pola música do jazz. [Lapela do libro]