Antón Castro ve morrer os días atado ao horario dunha fábrica de conglomerados; dubidando de quen é, de onde ven e cara onde vai.
Ponlle a cara ao presente co apego que sente cara seu único amigo Xulio Hernández, un compañeiro de traballo amigo do alcol, cuxa filla abrirá os ollos de Antón, flotando malamente nun mar de inxenuidade impropia dun home que leva medio século tentando pasar pola vida evitando que a vida pase por el, e loitando contra aquela frase que dicía que “na miña soidade vin cousas moi claras, que non son verdade”. [Presentación editorial]