Premio Novela Europea Casino de Santiago 2010
Publicada orixinalmente en inglés no ano 2006, A desaparición de Esme Lennox desenvólvese en Edimburgo, na década de 1930. A familia Lennox ten problemas coa súa filla máis nova. Esme é franca e odia as convencións. Con frecuencia, avergónzaos ante a boa sociedade e hai que lle poñer remedio a este problema. Anos máis tarde, unha moza chamada Iris Lockhart recibe unha carta informándoa de que ten unha tía avoa nunha unidade psiquiátrica que está a piques de desaparecer.
A desaparición de Esme Lennox é a formidable historia dunha vida roubada e impugnada. Maggie O’Farrell é a herdeira directa de Daphne du Maurier, a autora de Rebecca, novela levada ao cinema por Alfred Hitchcock. [Presentación editorial]