Conciencia de Galicia é unha colección da Editorial Galaxia que naceu para dar a coñecer as figuras máis representativas da cultura galega. Nela colaboraron membros da xeración Nós e autores coma Ramón Piñeiro ou Domingo García-Sabell. Carlos Casares continuou e profundou este labor con tres biografías hoxe imprescindibles: Vicente Risco, Curros Enríquez e Otero Pedrayo. Agora, por primeira vez, aparecen reunidas nun único volume. [contracapa do libro]