O prezo da fama inclúe os relatos que Sławomir Mrożek escribiu a principios da década de 1990, polo que se trata da súa obra máis recente. Malia seren escritas hai vinte anos, o talento do autor logra que estas breves narracións queden chantadas nun espazo á marxe do tempo, o cal permite que sexan lidas dende unha perspectiva actual. Destaca o humor co que Mrożek desenmascara o primitivismo, o disparate e a fachenda absurda coa que todos actuamos en ocasións, ao mesmo tempo que desacredita os estereotipos do noso comportamento en sociedade. [Contracapa do libro]