Derradeira obra de Carlos Casares, chega á percepción do lector coa forza e a madurez da grande arte de narrar. Historia de amor e morte, a enorme riqueza desta novela reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Literatura auténtica, froito dun inesquecible alento e dunha extraordinaria paixón por comprender o tecido íntimo da existencia. [contracapa do libro]