Puntuación: 2.2/5 (63 votos)
[Edición bilingüe polaco-galego]
Wisława Szymborska, nos seus versos, partindo tanto dun mínimo incidente cotián como dun feito tráxico, capta os máis sutís conflitos da alma. O paso do tempo, a beleza, o amor, o odio, a dor, a morte, os soños, os pequenos detalles, a humanidade… aparecen mediante unha escritura enxeñosa, intimista e sinxela aparencia.
No seu discurso de recepción do Nobel -ou “a catástrofe", corno ela o define— repetiu dúas palabras: "Non sei”. A poeta considera a curiosidade. un sentimento fundamental que a leva a facerse preguntas a si mesma. A súa poesía xorde desa curiosidade e do asombro fronte a diversidade das cousas do mundo.
Szymborska enfróntase ao mundo contemporáneo acompañada por unha manifesta preocupación ética, unha visión un pouco pesimista mais entusiasta, con sentido do humor, con modestia e cunha ollada individual que se fai universal.
[Contracapa do libro]