Era unha vez...
... o Sr. Bianchi, de Varese. Era representante de comercio e seis de cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia, do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio, vendendo medicamentos. O domingo volvía á casa, e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes de partir, a filla dicíalle: «Por favor, papá: cada noite, un conto».
Os 70 relatos deste libro maxistral son alfaias da literatura breve, exercicios de imaxinación a raudais adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben das fontes de clásicos como a Alicia de Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos inexistentes nomeados con palabras inventadas. [Presentación editorial]