IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO
Olaf vivía nun planeta moi, moi pequeno. Nunha casa moi, moi grande. Un bo día, aburrido, Olaf saíu a camiñar… e camiñou! Olaf camiñou e camiñou, e un peixe que tiña a cola do revés atopou. –Vés comigo? –preguntoulle. E como non dixo que non…
O protagonista deste relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular é unha sorte de Principiño que, farto da soidade, emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos -de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante... [Presentación editorial]