Nunha época en que se valora o monolitismo temático, ofrecemos agora un poemario miscelánico até o paroxismo.
Son poemas xurdidos de arrebatos promovidos por esas musas que tantos aseguran non existiren, e mesmo por outras que estes seguros teóricos son incapaces de imaxinar. Musas fuxidías como a auga do mar e musas erguidas en pedra que resisten a maré dunha época en que a razón literaria nega o espiritual encanto se deita cada noite con el para poder escribir versos inspirados.