Despois de A calor dun niño, unha obra máxica e de gran repercusión social, Guillerme Coen presenta este relato vibrante, cuns personaxes ben construídos que andan á procura de respostas durante toda a trama, e deambulan senlleiros pola cidade vella de Santiago de Compostela ata que atopan explicación na vila d’ A Pobra do Caramiñal. O protagonista Brais, que da título ao libro, é un estudante de Filosofía e Letras da USC, orfo de pai e sen medios, que está a recuperar a súa xuventude roubada a través das máis variadas experiencias, tanto activas como pasivas, entre as variadas tribos sociais coas que se atopa. Namórase de Alexia, unha antiga veciña e compañeira de clases, pero isto non fai máis que complicarlle a situación porque a moza agocha un segredo familiar que lle afecta de cheo. Ambos loitaran ata acadar a verdade do acontecido na desaparición do pai de Brais, mentres transforman os seus sentimentos a través do coñecemento e as situacións dunhas vidas que están a transformalos nuns verdadeiros adultos cos seus problemas, angueiras, pesadelos...
Brais amosa unha lúcida visión da mocidade galega, agresiva e de lectura compulsiva que constrúe un perfecto retrato da supervivencia humana. Guillerme Coen emprega unha escrita soberbia e investida dun vocabulario ben marcado na nosa fala. [Presentación editorial]
ficha da publicación
» Título:
Brais
» Escritor/a: Guillerme Coen
» Ed.
Toxosoutos,
» Ano: 2011
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Nume
» Pax: 175
» ISBN: 978-84-15400-03-5