Tradución para o galego da escolma de textos e da vida de Castelao que fixera en español o deputado Iñaki Anasagasti Olabeaga en 1982.
Castelao e os bascos non é un libro de autor. Tan só un quebracabezas armado e formado
por pezas soltas, cartas, artigos de prensa e traducións do galego. Se cadra, esta carencia
de valor intrínseco como crónica minuciosa dunha parte da nosa historia a substitúa con
algo que de lograrse, xa é un pequeno avance: amosar que nun intre chave do exilio,
galegos, cataláns e vascos puxéronse de acordo, até o punto de lograr sobresaltar os
nervios dalgúns homes importantes da República ao soñaren xuntos arelas e ideas que a
realidade política e histórica truncou coa súa inexorábel dureza.
Aínda que hoxe sexa pouco coñecida, foi moi importante esta relación, que chegou a
callar naquel proxecto denominado GALEUZCA, e que malia non ter efectos prácticos,
merece ser hoxe coñecido. De aquí veu a necesidade de compilar parte do disperso en
hemerotecas e cartafoles persoais. [Fragmento do limiar da edición orixinal]