No grupo de ensaios que compoñen esta edición galega de Inmanencia Viral, o autor,
dende a múltiple perspectiva e paralaxes da filosofía, o budismo e a psicanálise,
desenvolve unha lúcida análise crítica do devir contemporáneo, facendo unha inmersión
profunda nos tópicos da cultura pop, a industria do porno, o punk, a realidade virtual e
outros submundos a través dos cales zumega a orde epistemolóxica imperante, o relato
do poder e as súas tramas de control subxacentes. Con linguaxe fluída e certa ironía,
Fausto Alzati mergúllanos, dende a súa experiencia como usuario e consumidor, mais
tamén como un prófugo da cultura trash, nunha viaxe a través do filtro co que ollamos a
realidade, indaga ese filtro e convídanos a observar criticamente o alleamento da estética
baleirada de ética, da presenza sen esencia, do habitar nunha superficie que, ao cabo,
nos habita. [Presentación editorial]