Edición bilingüe Inglés-Galego
Rip, un home de vida sinxela, un cheíñas temeroso da súa muller, vai ata a montaña onde é fascinado por un vello vestido de danés. Nin a Rip nin a Peter os enfeitizan unhas sereas coma as de Odiseo co seu belo canto, nin unha fermosa moura que custodia un tesouro: eles caen polo alcol que lles ofrecen un grupo de homes. Esta beberaxe fai que Rip teña a sensación de que durmiu unha noite, pero en realidade, son vinte anos os que se ausenta. O panorama que atopa cando volve é moi diferente ao que deixara: a colonia británica na que vivía é agora parte dos Estados Unidos de América. [Presentación editorial]