Lola ten nove anos e vive coa súa nai. Un día, de súpeto, preséntase na súa casa un velliño que di ser seu avó. O home fala raro, rosma bastante e, por riba, ronca. Ten un maletín grande e estreito e anóxase moito cando Lola o descobre. Pero o peor é que Lola empeza a sospeitar que é o que garda alí e o que fai o seu avó cando sae da casa... [contracapa do libro]