Os personaxes, xa coñecidos do lector galego por 'Fuxir', despregan unha enerxía inesgotable
En 'A verdade sobre Marie', Jean-Philippe Toussaint prolonga ou retoma a historia que une e separa, aproxima e afasta, a imprevisible e sedutora Marie a un engaiolado narrador. Sempre a viaxaren, sempre en movemento, sempre en perigo, aprenderon a vivir e a amar sen se preocupar das dimensións do mundo nin do tempo. Cunha fatalidade insaciable que, así e todo, endexamais chega a consumir a historia, esta novela non se parece a nada coñecido: o humor a carón da angustia permanente da morte. [Presentación editorial]