Obra gañadora do VIII Premio Raiña Lupa Premio Raíña Lupa de literatura xuvenil que convoca a Deputación da Coruña Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico. Mais o asasinato do seu pai e o seu desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e unha moza india, Reina Huarte.
Con eles, e coa súa inseparable trompeta, percorrerá o estado de Chihuahua entre emboscadas, trens e disparos polo deserto baixo o obxectivo da cámara dun novo director americano, Raoul Walsh.
Unha aventura que marcará a Rafael para sempre e da que non coñeceremos o seu desenlace ata moito anos despois nun estudio de cine de Hollywood. [Presentación editorial]