Para escribir calquera relato histórico sempre hai unha maneira de explicalo todo como se estivesemos ante un descubrimento científico. Este coñecemento histórico revelado polas fontes aumentará a tensión de moitos ao velo aquí narrado. No entanto, non se trata de substituír a utopía, ter novas intuicións ou traizoar a historia. Calquera historia, por moi veraz que sexa, non significa que non se poida elaborar outra sobre ela porque o continuo sempre é previsible.A maioría das escenas que aparecen nesta novela son reais porque están documentadas por xente que dun xeito ou doutro viviu a contenda, e as experiencias da época e a novela ás veces cóntanse máis como experiencia que como literatura. Por veces as miradas descompoñen o que miran. A realidade que unha vez houbo aí fora, non se pode xa observar con detalle porque está moi afastada de conter unha orde ou un sentido. A realidade aquela atomízase. Os que ollamos deformámola aínda máis, descompoñéndoa de toda realidade obxectiva. Ás veces, co afán de non perdernos nada, de captalo todo, ollamos insistentemente e esa ollada pode ser precisamente a que nos impide obter una imaxe, un resultado ou unha composición. [Presentación editorial]