"Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se ergue polas mañás para estudar, para traballar ou para procurar traballo, xente que ten familia e amigos. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor aos que nos rodean.
Uns considerámonos máis progresistas, outros máis conservadores. Uns crentes, outros no. Un temos ideoloxías ben definidas, outros considerámonos apolíticos... Mais todos estamos preocupados e indignados polo panorama político, económico e social que vemos ao nosos arredor. Pola corrupción dos políticos, empresarios, banqueiros... Pola indefensión do cidadán de a pé.
Esta situación máncanos a todos acotío. Mais se todos nos xuntamos, podemos cambiala. É moito hora de botarse a andar, hora de construír entre todos unha sociedade mellor."
Trala publicación de Indignádevos, o manifesto mundialmente coñecido de Stéphane Hessel, a nova entrega da colección Ágora de FAKTORÍA K é unha suma de artigos elaborados por analistas e pensadores contemporáneos: Democracia real Xa! de Carlos Taibo; A revolta d@s indignad@s de Josep María Antentas e Esther Vivas; Mellor ao revés de Antoni Domenech, que reflexiona sobre a alternativa real ao movemento do 15 de maio; Democracia real Xa!, de Iván Giménez Chueca, no que apunta conceptos como open government e ciberactivismo; e A Marsellesa na Puerta do Sol de Juan Carlos Monedero. Complétase cos seguintes anexos: o manifesto e as propostas do Movemento 15-M; un comunicado das comunidades cristiás populares do Estado español; e o Manifesto feminista de Sol. [Presentación editorial]