Cantares e desafíos do Entroido Escritor/a:
Edita Cobas
Ed. Meubook,
2011 | Poesía
Puntuación: 1.9/5 (39 votos)
Retranca e autodidacta son dúas palabras que definen con atino o traballo de Edita. Edita, veciña de Teo pero natural de Ortoño - Ames-, casou na Hermida en Oza e dende entón asumiu unha das tradicións populares máis destacadas do seu concello adoptivo, o Entroido e as coplas que cantan os coros cada ano, converténdonse nun diario de sesións da realidade.
Unha das características da inxente actividade creativa desta autora é que o fai unha persoa que se instruíu e se educou a si mesma, sen axuda de ningún mestre como explica a definición da palabra autodidacta. Pero ademais de crear unha cantidade moi importante de coplas de Entroido dende un punto de vista cuantitativo, a actual edición e publicación do seu traballo testemuña tamén a calidade e a estrutura da úa creación. Esta muller e a súa afección son unha boa mostra de que o saber e a creción non son exclusivos das aulas ou da formación regulada, senón que o interese e a capacidade son igual de importantes para presentar un produto destacable.
E a retranca é, sen dúbida, outra das características que adornan a personalidade da propia Edita e a súas rimas. Todo o que coñece a tradición oral do Entroido e dos coros sabe que a través destas pezas se puido dicir o que a censura non permitía en tempos de represión baixo o disfrace desa rima ben construída. E aínda agora hai que reivindicar unhas pezas que serven pra denunciar a realidade máis inxusta do mundo moderno como catástrofes como a do Prestige ou rirse con retranca da realidade máis próxima como a vida municipal.
[Fragmento do Limiar por Martiño Noriega, Alcalde de Teo]