No mundo de hoxe no que todo debe ser perfecto, emerxe este relato como un canto á vida no que os seus protagonistas van tentando achar o seu camiño. Pasado e presente fúndense nun todo que arela ser o pedestal sobre o que enxergar un incerto futuro. Perfección e imperfección danse a man nunha harmoniosa simbiose froito das paixóns humanas. Nada é perfecto, máis todo marcha harmonioso segundo o ritmo marcado pola cidade de Florencia. O resultado, unha obra sinfónica na que as apostas persoais se entrelazan feiticeiras coa maxia emanada dos grandes mestres do Renacemento. Manuel Lamas, lugués de Carballedo afincado en Compostela, desde que puxo o pé na cidade de Florencia comprendeu de primeira man o que era o síndrome de Stendhal. A súa beleza deixárao tan abraiado que sempre se sentiu en débeda con ela. E agora, anos despois, tenta cumprimentala con esta sentida homenaxe que responde ao título de Sinfonía fiorentina. [Presentación editorial]