Era unha noite sen lúa…
O reloxo daba a UNHA… DONG!
De pronto,
Mateo espertou asustado.
Escoitara un ruído detrás da porta,
onde estaban colgados os abrigos.
Mirou cara a alí,
pero só viu unha sombra…
Abriu moito os ollos, sen pestanexar,
e a sombra transformouse nun… MONSTRO!
En A min non me comas!, Margarita del Mazo inspirouse nas súas propias vivencias, concretamente no desacougo que lle producía a escuridade cando era pequena. Neste álbum, os nenos amedrentados por este ou outros temores poderán comprobar, aliviados, que non son os únicos para quen as sombras se converten en famentos monstros, tal e como lle sucede ao protagonista.
"Foi sinxelo escribir esta historia. Só tiven que recordarme escondida baixo as sabas, chamando pola miña nai, heroica espantadora de monstros e doce gardiá dos meus soños", admite con cariño a tamén autora dos textos de Mosquito e A máscara do león.
Os medos infantís forman parte da evolución e, consecuentemente, adoitan desaparecer a medida que os nenos medran. Nesta superación xogan un papel importante os contos protagonizados por monstros, bruxas ou seres terribles. Deste xeito, os temores toman forma e personalízanse, o que axuda a vencelos. En todo caso, nesta vitoria, os pais sempre teñen unha función relevante. [Presentación editorial]